A CUT DENUNCIA A ACTUACIÓN REPRESIVA DA GUARDIA CIVIL DURANTE A...

A CUT DENUNCIA A ACTUACIÓN REPRESIVA DA GUARDIA CIVIL DURANTE A VOLTA CICLISTA

6

Cando desde esta organización sindical, temos denunciado a instrumentación política polo Goberno dos eventos deportivos, non estábamos errádos. As medidas adoptadas pola Subdelegación do Goberno para “protexer” a Volta Ciclista a España ó seu paso polo Morrazo, pono en evidencia. Cando era máis que evidente, que a vontade da CUT e de todos os colectivos reivindicativos, non era precisamente o boicot deste evento deportivo, senón patentizar unha vez máis na rúa, que os traballador@s estamos fartos das políticas do Goberno.O Goberno adicou toda unha compañía antisdisturbios á Volta o seu paso polo Morrazo, e non precisamente para salvagardar o tráfico. A provocación e a intencionalidade represiva, coincide co que nestes momentos está a ocurrir en Andalucía, coa persecución de día e de noite dos xornaleiros en loita.

As catro da tarde, xa pasada a volta a altura de Meiro, a Guardia Civil identificou e comunicou a denuncia por alteración da orde pública a un militante da CUT, cuio único delicto foi o de manifestarse, ollo! nun terreo privado, nin sequera na vía pública, aclarámolo, en prevención de posibles fabulacións da G.C., e do cal hai ducias de testemuñas.Esta mesma tarde foi presentada Denuncia no Cuartel da Guardia Civil de Cangas, polo compañeiro denunciado así como pola CUT, fronte á actuación arrogante e provocadora mantida polo mando da Guardia Cilvil.