O III FESTIPROLETARIO XA ESTÁ ULTIMADO.

O III FESTIPROLETARIO XA ESTÁ ULTIMADO.

17

A comisión organizadora do III Festival da Cultura Proletaria está a darlle as últimas pinceladas. O cartel desta edicción que este ano será no Adro de Darbo en Cangas, xa está pechado e promete superar en público as edicións anteriores.Repite no festival o grupo de jazz “Balea´s Blues Quintet”. No apartado da escea teremos con nos a “Teatro Nu”, e seguiralle no escenario o grupo “Seara”, que precederá ó cantautor portugués “Carlos Clara Gomes”.Pecharán o III Festiproletario o grupo ourensán “The Tetas Van” e “O Neto de Manoel e os fillos de quen”.Como nas anteriores edicións, pola tardiña haberá recital poético, estarán con nos; Oriana Mendez, Vazquez Pintor, Isaac Chovín e Iago Castro.Tamén haberá campeonato de Cachisa (Billarda) e de Chave e desde o mediodía funcionará até a madrugada o servizo de bar.Podedes ampliar a vosa información sobre o III Festival da Cultura Proletaria en festiproletario.blogspot.com. Para chegar ó Adro de Darbo é ben fácil, queda a 3 quilómetros de Cangas na estrada a Aldán pola costa.