INSEGURIDADE NAS PRAIAS DA CORUÑA

INSEGURIDADE NAS PRAIAS DA CORUÑA

10

A Central Unitaria de Traballadores denuncia a ausencia dos medios técnicos precisos para garantir a seguridade dos usuarios das praias da Coruña.A empresa concesionaria da vixilancia dos areais coruñeses, FESSGA, non forneceu aínda aos seus traballadores de elementos imprescindibles para o mantemento dunhas cotas mínimas de salubridade pública. Así, a día de hoxe, as baterías dos desfibriladores están caducadas,en alghuns postos as botelas de oxixeno estan baleiras, non existen medios para unha correcta desinfección do material sanitario, que ten que ser lavado con auga, e as mascarillas para os RCP foron repartidas aínda o pasado 19 de agosto.Así mesmo, os traballadores das praias coruñesas non ven recoñecidos dereitos elementais como as vacacións e o descanso mínimo para o xantar prescritos pola lei, e están a sufrir nalgúns casos o acoso dos coordinadores da empresa adxudicataria, FESSGA.A CUT quere denunciar, por último, o nepotismo e as presións exercidas desde Protección Civil da Coruña na contratación do persoal laboral que traballa nas praias.