MARIÑEIROS DE MAURITANIA NA RÚA

MARIÑEIROS DE MAURITANIA NA RÚA

6

O Acordo de Pesca da UE e a República de Mauritania rematou. A flota galega e os mariñeiros empregados nesta, están na rúa. Este ven a ser un capítulo máis do desmantelamento da flota pesqueira de Galicia nos últimos trinta anos. Dito tratado de pesca nas augas mauritanas tiña prazo de caducidade, pero nin a UE nin as autoridades españolas fixeron nada por anticiparse a situación, que vai deixar unha vez máis, a cerca de catrocentos traballadores na rúa, fundamentalmente da comarca do Morrazo.Por non prever, nin sequera os mariñeiros van ter axuda por paralización, as razóns que darán uns e outros é a crise económica. Conviría non enganarnos a hora de analizar a problemática de Mauritania, e obviamente debemos de distinguir os intereses sectoriais e empresariais da flota e aqueles intrínsecos ós mariñeiros como traballadores.Detrás da non sinatura dos acordos pesqueiros da UE  con países do Terceiro Mundo, hai trampa. Os argumentos sempre son os mesmos e sempre mentireiros. O discurso dos xestores do capital, salientan que “os países deben de acceder a explotación dos seus recursos pesqueiros”, pero isto sempre foi unha caricatura demagóxica. No fondo, o que en realidade están a facer, é unha cortiña de fume detrás da cal, os intereses das transnacionais alimentarias ganan a partida. Hai algunha excepción (Namibia), pero a norma é a continuación das políticas esquilmadoras, o caso do Banco Canario-Sahariano é un bo exemplo.Desde a CUT demandamos, que o goberno español e a UE debe de renovar o tratado de pesca con Mauritania e mentres, débense promulgar sen dilación axudas económicas por paralización para ós tripulantes afectados.