SOLIDARIEDADE DA CUT CO FOTOGRAFO RAFA ESTÉVEZ

SOLIDARIEDADE DA CUT CO FOTOGRAFO RAFA ESTÉVEZ

7

A CUT fixo chegar expresamente ó periódico “Diario de Pontevedra” e ó fotógrafo Rafa Estévez, a nosa total solidariedade diante do acto de barbarie a que foi sometido pola policía nacional, onte en Vigo.A CUT manifesta a nosa máis enérxica repulsa á actuación da policía española. Causa alarma real, que un feito desta gravedade quede no limbo da confusión, resumindo os acontecementos con epítetos como “actuación desproporcionada”, cando a todas luces é unha manifestación crúa do verdadeiro talante incívico e antidemocrático deste corpo policial. Hoxe foi un traballador da prensa, pero onte, o ano pasado e fai cinco, foron miles de traballdor@s que pasaron por esta mesma situación.

Desde a CUT entendemos que tod@s, a sociedade civil, o periódico e o propio traballador agredido, debemos de esixir a depuración de responsabilidades e que este feito non quede no anecdotario do desagradable, chegando ate as últimas consecuencias para que non se esqueza en catro días.