CENTOS DE PERSOAS MANIFÉSTANSE EN CANGAS FRONTE AS MEDIDAS DO PP

CENTOS DE PERSOAS MANIFÉSTANSE EN CANGAS FRONTE AS MEDIDAS DO PP

5

O pasado venres despois da concentración convocada pola CUT na praza do Concello de Cangas, centos de veciños do Morrazo improvisaron unha manifestación que percorreu as rúas da vila e rematou una Alameda. Durante a manifestación coreáronse berros chamando á Folga Xeral en setembro e esixindo a dimisión de Feijo e Rajoi.Durante todos os venres ás 21 horas están previstas concentracións en Cangas, tendo como obxectivo a curto prazo que tamén en Bueu e Moaña fagan ó mesmo simultaneamente e a mesma hora.

A convocatoria da CUT foi apoiada por distintos colectivos cidadáns e laborais e esa será a liña de actuación no futuro. Estiveron presentes colectivos de funcionarios dos Concellos de Moaña, Bueu e de Cangas. Tamén traballador@s do Xulgado, de Correos e do Centro de Saúde, das plataformas pola Sanidade Pública, das asociacións de Mulleres de Moaña, e Púrpura, da Plataforma de afectados polas preferentes, etc..O próximo venres día 3 de agosto, estaremos de novo nas rúas de Cangas.