25 DE XULLO: NON HAI PATRIA SEN CLASE TRABALLADORA

25 DE XULLO: NON HAI PATRIA SEN CLASE TRABALLADORA

5

A CUT estará en Compostela o 25 de Xullo dándolle contido de clase ao noso día da Patria. O 25 de xullo non podemos esquecer que o contexto económico e político actual está a afundir os nosos intereses comúns e por iso calquera convocatoria que non teña en conta ao pobo traballador galego carece para nós de sentido.Facemos un chamamento público a inundar as rúas de Compostela mostrando de novo a forza do pobo traballador, e facémolo cunha finalidade clara a curto prazo: a convocatoria dunha nova folga xeral o 26 de setembro. Esta debe ser parte da resposta definitiva ás medidas artelladas dende as portas pechadas da súa “democracia capitalista”, definitiva porque ten que iniciar un camiño que ata agora, dende as maiorías sindicais, non quería verse polo medo a perder o control e pola fe que aínda conservan nun sistema xa putrefacto.As mobilizacións dos últimos meses (folga xeral do 29 de marzo, manifestacións conxuntas do 19 de xullo) mostraron ás claras que a clase traballadora vai por diante das organizacións sindicais superando todas as espectativas marcadas dende as direccións. Hai necesidade clara de artellar unha resposta conxunta e contundente máis ala dos intereses das siglas de cada quen.Chegou a hora dos bos e xenerosos, de pelexar polo común, e o 25 de xullo comeza a nosa resposta colectiva. Acudide á concentración na Alameda de Compostela diante do monumento ás Marías ás 11 horas.O 25 DE XULLO FACEMOS PATRIA, O 25 DE XULLO COMEZA A FOLGA XERAL DO 26 DE SETEMBRO.