CONCENTRACIÓNS DA CUT FRONTE ÓS RECORTES DO GOBERNO

CONCENTRACIÓNS DA CUT FRONTE ÓS RECORTES DO GOBERNO

10

Onte día 18 de xullo, a CUT chamou ós traballadores e traballadoras a concentrarse na rúa para manifestar a nosa repulsa fronte as medidas adoptadas recentemente polo Goberno do PP. Centos de manifestantes responderon ó chamado do noso sindicato en Compostela, Vigo e Cangas.

En ditas concentracións a CUT fixou como obxectivo a convocatoria dunha nova Folga Xeral para o mes de setembro. Asi mesmo, a CUT manifestou a necesidade de unificar as loitas sectoriais, que convertan os distintos lumes en todos os ámetos da sociedade, non so na clase traballadora, para convertelos nunha gran fogueira que sea quen de frear ó goberno do PP. Coñecida a convocatoria de Folga Xeral feita pola maioría sindical basca, para o 26 de setembro, desde a CUT facemos un chamamento a CIG, CGT, STEG e CNT para secundar dita medida e concretala en Galicia.Nas concentración foron escoitados berros pedindo a dimisión de Rajoy e Feijo. É coherente, sendo uns gobernos que apostaron a ser lacaios do gran capital financieiro, vai sendo hora que de maneira nítida esixamos a súa dimisión, por ser inimigos da clase traballadora e dos intereses populares.No acto celebrado en Cangas, acordouse fixar de maneira indefinida concentracións todos os venres ás 21 horas na Praza do Concello, concretamente os asistentes quedaron convocados para o venres, 27 de xullo ás 21 horas.Hoxe día 19, a CUT tamén apoia as distintas manifestacións convocadas polos sindicatos maioritarios ( CIG, CCOO e UGT ) nas distintas cidades de Galicia.