NON SON OS FUNCIONARIOS, É A CLASE TRABALLADORA

NON SON OS FUNCIONARIOS, É A CLASE TRABALLADORA

12

Novamente o goberno capitalista de turno inicia unha fase de recortes á clase traballadora utilizando a demagoxia do pasado. Pon no centro dos focos aos funcionarios coma facéndonos crer que son unha clase social aillada e privilexiada cando en realidade son traballadores e traballadoras que en moitos dos casos non chegan aos mil euros de salario. A finalidade desta cortina de fume é que os traballadores e traballadoras que non pertenzan á función pública xustifiquen os recortes dicindo que os funcionarios viven no reino da abundancia e consintan sen protestar. Pero a cuestión de fondo é que aquilo que lle recortan á función pública nolo recortan aos demais; en primeiro lugar porque funcionarios públicos son os que traballan en sanidade, educación, xusitiza… é dicir, naqueles sectores que de non existir deixaríannos sen servizos públicos e teriamos que pagar dos nosos miserentos salarios, e en segundo lugar porque os recortes que lles fan aos funcionarios son ensaio previo do que logo nos recortan aos asalariados da empresa privada.Dende a CUT facemos un chamamento público a unha resposta conxunta da clase traballadora contra esta nova vaga de recortes.