ASEMBLEA NACIONAL DE DELEGADOS E DELEGADAS

ASEMBLEA NACIONAL DE DELEGADOS E DELEGADAS

11

O venres día 13 de xullo terá lugar no local de Compostela, ás 17 horas, unha asemblea nacional de delegados para debater sobre os acordos acadados na VI Conferencia Nacional do pasado mes de maio. Na devandita asemblea bosquexaremos o camiño que debe seguir a CUT nos centros de traballo nos vindeiros meses, nos que as medidas do capital van seguir asfixiando á clase traballadora no seu conxunto. Nas nosas mans está darlle unha volta en positivo á situación que estamos a sufrir.A participación de todos os delegados e delegadas é crucial para enriquecer o debate e cumprir co mandato saído da conferencia nacional.