“NÓS NON NOS ARREPENTIMOS DAS NOSAS DECISIÓNS”

“NÓS NON NOS ARREPENTIMOS DAS NOSAS DECISIÓNS”

13

A compañeira Claudia Fidalgo, delegada de persoal pola CUT no bar Casa das Crechas, vén de vencer no TSXG un proceso por represión sindicalCal é a situación en Casa das Crechas logo do conflito laboral?
Parece que pouco a pouco volta á normalidade, ainda que, na miña opinión, non deixa de ser unha normalidade anormal. O conflicto laboral saldouse cun total de 5 persoas despedidas, tres delas da sección sindical Cut-Crechas. Todos os despidos foron xustificados pola Empresa como “despidos obxectivos por causas económicas”Ademais, a dirección da Empresa aplicou modificacións sustanciais a membros da sección sindical, reducindo considerablemente a xornada laboral e adecuando os horarios a produtividade.Todos estes cambios, levados a cabo a principio de ano, proporcionaron unha especie de tregua, onde parece ser que hai compañeirismo e bo ambiente de traballo. Ainda que o ambiente cos compañeiros é máis ameno e doado, coa dirección da Empresa é algo máis difícil, xa que a seguimos coas nosas demandas xudiciais polos incumprimentos do convenio colectivo.Neste momento, coas contratacións levadas a cabo despois dos despidos, conto con 6 compañeiros de traballo(encargado, segunda encargada e axudante de encargado), unha camareira, un pincha-discos que tamén fai función de camareiro e unha limpiadora.Todas e todos teñen previlexios, como pode ser a non obrigatoriedade de levar uniforme, a posibilidade de cambiar días ou o consumo interno sen límite de prezo ou producto, agás eu, que sigo coa obriga de actuar segundo o protocolo establecido pola Empresa a finais de 2010.
 Como valoras as actuacións da Sección Sindical?.
A sección sindical Cut-Crechas, actou seguindo os principios de todos os seus membros. Loitaron polos seus dereitos, polo que é xusto, e síguenno facendo.   O apoio, a solidariedade e cooperación foron sublimes, estabamos fortalecidos e inquebrantables. Toda esa fortaleza foi construída paso a paso; moitas non nos levabamos ben, e non tiñamos nen idea dos nosos dereitos, das nosas obrigas, ou dos nosos deberes.   Coa axuda da asesoría sindical empezamonos a mover para esixir o que nos correspondia. Mesmo coa destrucción da Sección, seguimos compartindo os mesmos espazos de loita e mobilización, para que quede claro a aquelas e aqueles que pensaban que era unha loita persoal e polos nosos intereses. De todas formas, e como xa dixen antes, seguimos co proceso de recoñecemento dos nosos dereiros, quedan ainda moitos xuízos por vir.

Unha parte fundamental do proceso de reivindicación dos dereitos laborais foi a solidariedade externa. Cóntanos diso
A verdade é que non teño palabras para describir e para agradecer o apoio recibido nestes longos dous anos de conflicto. A xente respondeu moi positivamente ás convocatorias de concentracións, e arroupounos durante todo o que durou o conflicto. Ainda agora, pasado meses dende a desaparición da Sección, e calmado o ambiente, seguimos recibindo mostras de solidariedade e de cariño. O único que me queda é dar as grazas a toda a xente que, sen temer a malas caras ou  a repercusión, actuou segundo a ética e a responsabilidade social.

Mereceu a pena ese conflito?
Depende do punto de vista. Se pensamos que a raíz do conflicto algunhas persoas, acabaron despedidas de maneira, cando menos, sospeitosa: pois considero que non. Pero se pensamos que fixemos o que tiña de ser feito: pois claro que si. Ainda que a metodoloxía seguida puido ser cuestionada, e que outras formas poderían ser máis fiables e rápidas, a Sección Sindical non se arrepinte das súas decisións e da súa traxectoria.   Crecemos como Sección, como persoas e como axentes modificadores da realidade; tamén aprendimos a seleccionar mellor as persoas que conforman a nosa rede de apoio.