Perspectiva de xénero nas reformas laborais

Perspectiva de xénero nas reformas laborais

8


A Secretaría das Mulleres da CUT organiza un obradoiro das Reformas Laborais con perspectiva de xénero.Será impartido pola compañeira Mari Fidalgo o Martes 26 de xuño ás 17:30 no local do sindicato en Vigo (Rúa Urzáiz, 71, entrechán dereito).Convidamos a todas as mulleres a achegarse e participar. Na Secretaría das Mulleres cremos moi importante a nosa formación arredor deste tema, pois as sucesivas reformas aplicadas polo Goberno na mal chamada “saída da crise” son un ataque frontal aos nosos dereitos e un aumento da desigualdade xa existente.