III FESTIVAL DA CULTURA PROLETARIA

III FESTIVAL DA CULTURA PROLETARIA

10

Xa comezou a andar a preparación do III Festival da Cultura Proletaria, será o sábado 22 de setembro en Cangas. A comisión organizadora desta terceira edición do encontro, xa está a traballar nas tarefas organizativas previas. Proximamente tamén está prevista a confección dun blog que conterá toda a información actualizada respecto de todos os aspectos do evento.Como en edicións anteriores no III Festival da Cultura Proletaria, ademáis do concerto de música que pechará a xornada, está previsto que a súa programación conteña; un recital poético, exposición fotográfica, xogos para nenos e servicio gastronómico.A comisión organizadora prevé que no vindeiro mes de xullo, esté pechado o cartel con todos os grupos partícipes. Desde esta web, iremos informando puntualmente de todas as novas ó respecto. O importante agora e que apuntemos na axenda a data; o sábado 22 de setembro temos que estar en Cangas, porque non hai loita obreira, sen cultura e sen alegría.