O ESTUDANTADO OURENSÁN SAE HOXE Á RÚA

O ESTUDANTADO OURENSÁN SAE HOXE Á RÚA

5

Unha nova mobilización, sairá esta tarde ás 20:00 horas dende as portas da Consellería de Educación, en protesta pola “represión policial sufrida por compañeirxs o pasado día 30 de Maio” segundo atestemuñan os e as estudantes ourensáns que perpetúan un peche de marcado cariz anticapitalista na Universidade da cidade, e que levan demostrado a capacidade da mocidade obreira para subverter as lóxicas do Capital, e quebrar por riba de todo os límites impostos aos espazos públicos e sociais. Baixo o lema “Agora máis que nunca, nin un paso atrás”, hai tempo que logo da acumulación das forzas políticas e sindicais de mocidade da cidade este sector social ten voz propia.”O sistema que nos desaloxou con violencia é o mesmo que ten hoxe a todo o estudantado competindo entre si, fomentando a insolidariedade como dogma, e a exclusión das clases populares coa elitización económica do ensino” aseguran, ao tempo que “as reivindicacións que nos levaron a ocupar a biblioteca son as mesmas que encherán as rúas de estudantes, facendo patente a nosa xenreira contra esta destrucción das nosas expectativas personais e laborais, destrucción que nos mostra que a solución esta fora do capitalismo. O sistema colleitou violencia física e estrutural, e recollerá revoltas”.A CUT apoiará as iniciativas artelladas polo estudantado ourensán, e parabenízase da enerxía depositada por estes mozos e mozas, das clases populares, nunha vitoria que é a do conxunto da clase traballadora: tombar o capitalismo e as súas lóxicas e construír unha sociedade radicalmente democrática. A loita continúa.