CENTOS DE POSTOS DE TRABALLO EN PERIGO NO SERGAS

CENTOS DE POSTOS DE TRABALLO EN PERIGO NO SERGAS

9

As manifestacións públicas da conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, abren o abano da conflitividade social no servizo de Cociña, históricamente maltratado polo Sergas.No día de onte a Conselleira de Sanidade Rocío Mosquera vén de declarar a “posibilidade” da externalización do servizo de Cociña nos centros hospitalarios galegos, unha nova xa agardada dende hai tempo nun dos sectores de ocupación máis maltratados polas políticas de explotación laboral que as Administracións queren trasladar dende o sector privado ao sector público, coa fin de avanzar no proceso de espolio deste último.Este sector, no que traballan centos de persoas en todo o País, profundamente feminizado, veu sufrindo xa un proceso de invisibilización e maltrato sistemático, que se concreta no feito de seren as Cociñas do Sergas centros de traballo caracterizados pola falta de protocolos de prevención laboral ou medidas de hixiene laboral que atallasen o mal estado das instalacións e as condicións degradantes de traballo,.Hoxe, todos eses centos de postos de emprego sofren un grave risco de desapareceren polas ánsias da Administración Galega de externalizar servizos a pesar do seu custo social, económico e político. É así, que xa fracasaron diferentes experiencias de privatización dos servizos non sanitarios dos hospitais, por antieconómicos e pola profunda merma de calidade que supuxeron.A Administración Galega decidiu seguir a poñer en risco a saúde da cidadanía galega, intentando enganarnos cunha suposta cisión entre o “dereito á saúde” e toda a serie de servizos que leva necesariamente aparellados unha Atención Sanitaria de Calidade, como sería o de comedor, o de cafetería, o de lencería, o de limpeza e o de lavandaría, entre outros.Non podemos desvincular o anuncio de mais esta agresión ao sistema público de saúde de toda a bateria de medidas que están a impoñer un apartheid sanitário, restrinxindo o acceso a esse dereito a colectivos como o das persoas migrantes ou desempregadas, ao mesmo tempo en que se avanza no adelgazamento e deterioro de servizos e  prestacións sanitárias.A Central Unitaria de Traballadores e Traballadores (CUT) iniciará un proceso asembleario para debate entre o persoal do servizo de cociña co obxecto de artellar unha resposta sólida contra todos estes abusos, porque as compañeiras e compañeiros da nosa Sección Sindical remozan o seu compromiso coa Sanidade Pública , universal e de calidade, e tamén co emprego público, como a única forma de afrontar a irracionalidade dun sistema social baseado na explotación de todas e todos nós.