SOLIDARIEDADE COS PROCESADOS NA FOLGA DO NAVAL

SOLIDARIEDADE COS PROCESADOS NA FOLGA DO NAVAL

5

Nin fai unha semana que se soubo da sentencia condenatoria dun xuízo anterior, e o próximo 7 de xuño ás 9´30 da mañá vaise celebrar en Vigo un novo xuízo contra A. Alcántara e V. García, membros da CIG. Unha vez máis, o réxime quere xulgar pola vía do escarmento a actitude mantida polos traballadores e traballadoras do naval na Folga do ano 2007 polo cumprimento do Convenio Colectivo. A petición fiscal é de 5 (cinco!) anos de cadea para os dous procesados.Non imos analizar aquí o carácter perverso deste proceso, e non só polas escandalosas peticións fiscais. Vanse enxuizar feitos acontecidos fai cinco anos, e a todas luces baixo o efecto do impulso político reaccionario que domina esta conxuntura. O réxime “democrático” borbónico e a “independencia” do Poder Xudicial (debe de ser a de Benidorm), deberannos explicar cal é o criterio axustado a dereito para sentar no banco a estes dous procesados, cando efectivamente aquela Folga fora convocada polos catro sindicatos do sector: CIG, UGT, CCOO e nós, a CUT, mebros todas estas centrais do Comité de Folga.En calquera caso, para a CUT este é unha nova aldraxe á clase traballadora, con independencia da sigla sindical dos dous compañeiros procesados. É a obriga de todos os traballador@s de Vigo, ser solidari@s e debemos estar cos procesados no Xulgado de Vigo o próximo xoves día 7 de xuño.DESDE A CUT, A NOSA SOLIDARIEDADE !!XOVES DÍA 7, ÁS 9´30 NO XULGADO DE VIGO