MIRA POR ELAS! PRESENTACIÓN EN VIGO

MIRA POR ELAS! PRESENTACIÓN EN VIGO

7

A plataforma cidadá en defensa da Radiotelevisión Pública de Galega (Mira por elas!), conformada por varias entidades de raizame cultural, deportiva, social, política, sindical e veciñal, entre as que está a Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras, será presentada públicamente o vindeiro xoves 7 de xuño ás 19:30 horas na Biblioteca Municipal de Vigo.As compañeiras Lola Ferreiro, militante feminista e portavoz da mesma, e maila cineasta Margarita Ledo Andión, conducirán un acto público no que se pretenden concertar vontades ao redor da imprescindíbel defensa dos servizos públicos galegos, xa neste caso, ao redor da defensa da nosa radiotelevisión. O compromiso cunha información de calidade, que lle dea acocho ás minorías sociais, veraz, para a equidade social e estábel no tempo, é unha das necesidades máis urxentes dun pobo como o galego, que precisa afiar todas as ferramentas da súa sobernía e do seu autorrecoñecemento.