VIOLENCIA POLICIAL CONTRA O ESTUDANTADO

VIOLENCIA POLICIAL CONTRA O ESTUDANTADO

9

A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras condena sen ambaxes a violencia policial despregada polos axentes da CPN na cidade de Ourense, a obxecto do desaloxo da Biblioteca Nodal da Cidade. Máis de 80 estudantes, recoñecidos nun manifesto de mínimos asinado por oito organizacións de mocidade, ocupaban de maneira pacífica este edificio público para expresar a súa vontade de “implantar unha educación gratuíta e científica” consensuando a súa presenza na Biblioteca Nodal para responder “ás agresións ás oportunidades dxs fillxs das masas populares”, e reivindicar o “noso dereito lexítimo de acceso ao coñecemento.Un manifesto que denuncia a existencia dos centros educativos privados e relixiosos por antidemocráticos e fai unha nidia aposta polo público, en canto a necesidade dun modelo educativo que visibilice á muller na realidade historica, cientifica e economica de cada tempo, que camiñe cara ao monolingüismo social, que expulse aos mercados do ensino e que prime o gasto social sobre o militar ou confesional, houbo de ser a faísca que acendeu a ira do Corpo da Policía Nacional e así do seu máximo responsábel, o subdelegado do goberno Roberto Castro.A Secretaría Xeral da Central Unitaria de Traballadores/as vén de enviar un fax denunciando diante do subdelegado do goberno os feitos, e solicitando unha xuntanza urxente para que esta institución dea explicacións sobre as súas estratexias de uso irracional da violencia física mesmo contra menores de idade, como é o caso de moitas e moitos dos mozos e mozas que resultaron feridos neste desaloxo. Tamén a CUT apoiará as concentracións convocadas ás 20:00 horas diante da subdelegación en Ourense e ás 19:00 horas na Praza do Toural en Compostela.A clase traballadora non calará. É por iso que nos poñemos da banda do estudantado e poñemos o noso esforzo onda os fillos e fillas do proletariado galego.