A RÚA É NOSA. INDIGNACIÓN EN COMPOSTELA

A RÚA É NOSA. INDIGNACIÓN EN COMPOSTELA

10

Na tarde de onte, a representación de diversos colectivos sociais, políticos, veciñais e sindicais, entre os que se atopa a Central Unitaria de Traballadores/as, onda a veciñanza máis activa da cidade de Compostela, mativeron unha xuntanza para artellar unha resposta popular e de base á última agresión antidemocrática do goberno municipal do Partido Popular.O Goberno do munícipe Ángel Currás decidiu afondar nunha estratexia disuasoria para a utilización das rúas compostelanas por parte do movemento social, político, veciñal e sindical de esquerdas desta cidade que se afinca xa nas tácticas do goberno bipartito anterior que instauraron un rexime de control sobre os xeitos mais elementais de libre expresión como a instalación de mesas informativas ou o reparto de panfletos, someténdoas a autorización previa municipal.Sen ben, a nova ORDENANZA REGULADORA DE ACTIVIDADES, INSTALACIÓNS E OCUPACIÓNS DA VÍA PÚBLICA DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA que o PP está a cociñar e mesmo a aplicar sen ter sido referendade en Pleno para penalizar as actividades na rúa dos colectivos sociais, é aínda máis gravosa en canto pretende someter a utilización do espazo público por parte da cidadanía a un sistema de taxas e fianzas, que co ánimo de discriminar ao tecido social “disidente”, ao tempo que se reserva o dereito último de suspender arbitariamente aquelas actividades que quixer.Os diversos colectivos que se xuntaron ao amparo da necesidade de responder ás derivas neofascistas do goberno municipal en canto á utilización do espazo público, vetándoo de facto, concordaron na necesidade de marcar como data de inicio da mobilización social o vindeiro xoves 31 de maio, ás 17:00 horas, na Praza do Toural, coa convocatoria dunha cacerolada que rematará ás portas do Pleno Municipal no que o PP quere facer uso da súa maioría aplastante para tirar para diante dunha Ordenanza que pretende marcar unha antes e un despois no carácter público das nosas rúas.E como a rúa é nosa, todas e todos, este xoves, ás 17:00 horas na Praza do Toural.