NH PERSEGUE SINDICALMENTE AO NOSO SECRETARIO COMARCAL DE COMPOSTELA

NH PERSEGUE SINDICALMENTE AO NOSO SECRETARIO COMARCAL DE COMPOSTELA

14

A CUT pon en coñecemento da sociedade civil o último acto empresarial da Dirección de Recursos Humanos de NH Hoteles, que vén de encetar un expediente disciplinario contra o noso Secretario Comarcal Leonardo Da Cruz Blanco, traballador do centro NH Obradoiro de Compostela, nunha nova tentativa de encauzar o seu despedimento inmediato como freo para a súa actividade sindical.Mentres de cara a galería acollen actos beneficentes e emprenden campañas de lavado de imaxe, de portas para dentro esta multinacional está a desenvolver unha razzia contra a nosa central sindical, que se concretou co despedimento o ano pasado de tres compañeiras do NH Obradoiro, recorridos xudicialmente, e que se está a ensañar no caso do compañeiro, con actitudes dirixidas ao seu illamento e desacreditación no centro de traballo, así como a impedir por todos os medios o desenvolvemento das súas tarefas como Secretario Comarcal desta central.A incomunicación co exterior, a redución unilateral do seu crédito horario sindical, a desacreditación da CUT dentro e fóra do centro de traballo, son algunhas das estratexias que a Dirección Local da empresa, en conexión co Director de Recursos Humanos para a España e Portugal están a desenvolver, para impedir mesmo o seu traballo representativo da nosa central.Á súa vez, o despedimento que agora pretenden é só a punta do iceberg. Unha nova medida que se vén a asentar sobre unha práctica constante de desacreditación do seu traballo como cociñeiro, as ameazas veladas de represalias contra a Sección Sindical da CUT, a retirada das chaves do seu ordenador de traballo, a negativa a lle entregar documentación, o ocultamento de información ou tácticas de amedrentamento do persoal para que o illen, veñen a ser a realidade cotiá a que ten que facer fronte.A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras (CUT) desenvolverá todas as medidas de mobilización social e de resposta legal que teña da súa man, e mostra a súa firmeza a pelexar por un marco de relacións laborais onde a representatividade sindical se poida exercer sen condutas autoritarias, presións e coaccións do empresariado.O expediente iniciado pola Dirección de Recursos Humanos da Empresa terá nas rúas unha contundente e constante resposta por parte da nosa central sindical. É obvio que ninguna agresión a un traballador ou traballadora pola súa condición sindical vai pasar en van.(Nota de prensa enviada aos medios)