12 DE MAIO. A INDIGNACIÓN EN MARCHA

12 DE MAIO. A INDIGNACIÓN EN MARCHA

5

Máis unha vez, as rúas do noso País, vínronse atronadas pola pluralidade de voces nas que a indignación cos abusos políticos, sociais e económicos do Capital. Nas diversas cidades de Galiza, os sectores máis activos e xenerosos da clase traballadora, marcharon por milleiros baixo consignas como “O capitalismo é o terrorismo”, “Non se xoga coa clase traballadora” e outras moitas voces que denuncian os efectos devastadores da xestión neoliberal nas vidas da maioría social: “Que pasa, que pasa, que non temos casa”.