A CUT SECUNDA AS MOBILIZACIÓNS DO 12 M

A CUT SECUNDA AS MOBILIZACIÓNS DO 12 M

8

A Central Unitaria de Traballadores/as secundará e formará parte das mobilizacións convocadas para o 12 M. A situación de miseria e sumisión á que nos quere someter o capitalismo e os seus xestores “legais”, lease políticos da burocracia, require da xenerosidade e do esforzo de toda a clase traballadora para darlle unha resposta contundente; só coa unidade de clase enfrontaremos con éxito estes duros tempos históricos que estamos a vivir, que ao mesmo tempo son tamén unha oportunidade para espertar do soño do capitalismo e construírmos entre todos e todas un mundo xusto e baseado no común. Non caben pois sectarismos nin protagonismos baseados na ruindade dunhas siglas nin disfrazados de loitas comúns que no fondo obedecen a frustracións e protagonismos que nada teñen que ver coa clase traballadora.Facemos un chamamento público a secundar as mobilizacións do 12 M porque no común e na unidade de clase construirase o noso futuro.