AS CLASES TRABALLADORAS VOLVERON RESPOSTAR NAS RÚAS

AS CLASES TRABALLADORAS VOLVERON RESPOSTAR NAS RÚAS

6

Tras faixas denunciando a opresión da Europa do capital e reclamando a loita polos dereitos de todas, a CUT xunto a outras organizacións sindicais (CGT, CNT, STEG e SF-IN) e multitude de colectivos sociais, encheu onte as rúas de Vigo e Coruña.En Vigo xuntamos arredor de 3500 persoas no que é a continuación dunha suma de forzas xa materializada no pasado 29M. Ademais, de reclamar a necesidade de novas folgas xerais para deter o desmantelamento da Sanidade e Educación públicas, as compañeiras da Secretaría das Mulleres chamaron a atención sobre as consecuencias patriarcais que está a ter o proceso continuado de recortes sociais e ergueron de novo a voz fronte a Lei de Familia aprobada pola Xunta de Galicia. O grupo de traballo de mocidade da CUT reclamou traballo digno na Terra, revelándose contra o desemprego e a precariedade. Todas e todas sumamos os nosos berros solidarios coa esixencia de liberdade para Laura Gómez, secretaria de organización da CGT-Barcelona, que está presa no marco dunha estratexia represiva contra as reivindicacións obreiras o pasado 29M.Na Coruña, con forte presenza dos movementos sociais máis activos da cidade, encontrámonos perto dun milleiro de persoas. Estiveron presentes voces en contra da reforma da Lei de Estranxeiría, que deixará sen tarxeta sanitaria as e os migrantes sen papeis e, como no resto de vilas galegas, chamouse pola convocatoria urxente dunha nova folga xeral, como ferramenta de resposta inmediata á degradación de todos os nosos dereitos.