A TVG falsea a información unha vez máis

A TVG falsea a información unha vez máis

13

“NIN REPRESIÓN NIN MANIPULACIÓN”. Baixo este lema o Comité Interempresas da CRTVG convocou o pasado sábado, día 21 de Abril, unha marcha protesta dende a esplanada do Pazo de Congresos de Santiago de Compostela ata as inmediacións da compañia da Radio e Televisión galegas. A esta marcha asistiron diversos colectivos en apoio as Represións que están a sufrir os traballadores e traballadoras do ente público, así como a constante manipulación Informativa nos seus telexornais. Ese mesmo día a TVG cubre a nova dun xeito moi especial e que o Comité Interempresas da CRTVG denuncia na seguinte nota de presa:O Comité Interempresas da CRTVG esixe a rectificación da información emitida pola TVG sobre a marcha do pasado sábadoA representación dos traballadores denuncia que o rótulo impreso en pantalla e o texto falsearon o motivo da convocatoriaO Comité Interempresas da CRTVG, TVG e RTG vén de solicitar mediante un escrito  a rectificación da información difundida pola televisión autonómica sobre a  marcha, que se celebrou o pasado sábado 21 de abril e que contou co apoio de diversos colectivos sociais, políticos e culturais.O Comité considera que a información emitida foi falseada coa intención de ocultar o verdadeiro motivo desta convocatoria, que era protestar contra a manipulación informativa e a represión que están a sufrir as traballadoras e os traballadores do ente público. Porén a información emitida polo Telexornal Mediodía destacaba no seu rótulo que se trataba dunha “manifestación en Santiago en apoio aos afectados polo caso das preferentes” co obxectivo de ocular o lema da marcha que era “nin represión nin manipulación”.Este colectivo ocupara as instalacións da CRTVG en San Marcos o pasado 30 de marzo argumentando a ocultación do seu conflito nos informativos deste medio público. Estes feitos levaron ao Director Xeral a abrir un expediente informativo que só pretende represaliar aos traballadores, traballadoras e membros da representación sindical, aos que se lles acusa de colaborar de xeito activo ou pasivo na ocupación.O Comité Interempresas considera  que os empregados e as empregadas da CRTVG simplemente asumiron un papel de mediación e diálogo evitando posibles situacions conflictivas.COMITÉ INTEREMPRESAS DA CRTVG, TVG, RTGSantiago, a 25 de abril de 2012