Grazas polo apoio

Grazas polo apoio

11

O pasado sábado, 21 de abril, máis de catrocentas persoas participamos en Compostela nunha marcha en protesta pola manipulación informativa e as represións a traballadores e traballadoras na CRTVG. A Sección Sindical da CUT na CRTVG quere agradecer aos membros da Executiva Nacional e Comarcal, e a todos os afiliados e afiliadas da CUT a súa asistencia e o seu apoio.