DEREITOS SOCIAIS. XORNADAS DE FORMACIÓN E DEBATE

DEREITOS SOCIAIS. XORNADAS DE FORMACIÓN E DEBATE

9

O vindeiro 27 e 28 de abril,  na cidade de Compostela, desenvolveranse as xornadas de formación e debate “Dereitos Sociais, da centralidade do emprego á centralidade da vida” que a CUT, onda a Cordinación de Loitas Baladre e a Oficina de Dereitos Sociais de COIA (ODS Coia), botaron a andar nos arredores do vindeiro primeiro de maio, día internacional da clase traballadora.Presente o obxectivo de “abordar a situación dos dereitos sociais en Galiza e noutros territorios no actual contexto de ofensiva das políticas de reaxuste neoliberal e da batería de recortes sociais e laborais que se están a emprender”, estas xornadas queren poñer a énfase no “empeoramento das condicións de vida da clase traballadora e dos sectores populares, e o agravamento das situacións de exclusión, represión e control social”.Un programa de actividades e foros que comeza o vindeiro 27 de abril, ás 16:00 no Centro Social Gentalha do Pichel. Logo dunha breve presentación, Diego Lores introducirá a “Realidade dos dereitos sociais en Galiza”, seguido ás 17.30 horas de Manolo Bayona, coa sesión “A Renda básica da iguais (RBIs) como ferramenta de transformación social”.No mesmo Centro Social compostelano, situado en Santa Clara nº21, o 28 de abril, ás 16.00 horas, Alicia Alonso colocará o tema “Mulleres presas, dobremente excluídas, dobremente penadas” e ás 17.15 horas, Manolo Cañada  explicará a ILP extremeña pola RBIs na palestra “Facendo poisíbel o necesario: ILP pola RBIs en Extremadura”.Xa no Café-Bar As Dúas, na Ruela da Oliveira s/n, o mesmo autor, Manolo Cañada presentará o seu libro “La huelga más larga”, da asemblea de xeseiros e escaiolistas de Badaxoz.PROGRAMA:VENRES 27 Abril CS O Pichel

16:00 ás 16:30hs. Presentación16:30 ás 17:15hs. Realidade dos dereitos sociais na Galiza. Diego Lores (ODS Coia, Vigo)

17:30 ás 19:30hs Rbis como ferramenta de transformación social. Manolo S. Bayona (Baladre)

SÁBADO 28 Abril CS O Pichel

16:00 ás 17:15hs Mulleres presas: dobremente excluídas, dobremente penadas (Alicia Alonso, grupo baladrinas Valladolid)

17:15 ás 18:00hs Facendo posíbel o necesario: ILP pola Rbis en Extremadura (Manolo Cañada, Colectivo La Trastienda, Mérida) 19:00hs. Café Bar As Dúas

Presentación do libro “La huelga más larga” (Asemblea de xeseiros e escaiolistas de Badaxoz, J. Vega, M. Cañada). Ed. Baladre, Zambra, 2011. “Estas páxinas falan da loita dos xeseiros de Badaxoz, da súa folga insólita e da súa resistencia posterior durante 23 anos. Unha folga que comenzou o 10 de agosto de 1988 e rematou o 4 de enero de 1989(…) Esta revolta obreira foi un deses acontecementos que saen do redil establecido polos poderes, unha desviación do curso natural da obediencia.