MANIFESTO DO 1º DE MAIO

MANIFESTO DO 1º DE MAIO

6

O éxito da pasada Folga Xeral do 29 de marzo, demostrou que a clase traballadora e os sectores populares están dispostos a sair á rúa. Aínda que desde o réxime levan anos intentando narcotizar ao pobo, antes ofertándonos espellismos, e agora metendo o medo, a maioría social non traga, nin tragará cas receitas do Goberno, que nos venden como a solución á crise que eles mesmos crearon.É certo que a capacidade de manipulación do inimigo logrou instalar o medo en amplas capas do pobo, tamén na clase obreira. Pero non é menos certo, e coa Folga Xeral quedou demostrado, que se a traizón sindical non fora unha realidade, a capacidade de loita da clase traballadora impediría sen dúbida, os aldraxes contínuos e permanentes do Goberno.Hoxe os sindicatos do sistema son o tapón máis importante, o gran impedimento para que a clase traballadora manifeste a súa capacidade de loita para frear ao inimigo. Nun momento histórico onde os valores, os principios, foron substituídos pola banalidade, a competitividade e o consumo. Cando os medios de masas teñen a capacidade de manipular e desinformar como nunca, é cando o verdadeiro sindicalismo de clase ten que estar a altura. Obviamente CCOO, UGT e outros, fai moito tempo que abandonaron a defensa real e obxectiva da clase traballadora.Non pasaron nin quince días e o tempo segue a darnos a razón. Non hai outra alternativa que a mobilización. As medidas do goberno do PP ó dictado do capital financieiro que cinicamente chaman “mercados”, non nos deixan outra saída: temos que escoller entre a barbarie, ou a dignidade.A CUT xa dixo alto e claro que a Folga Xeral so sería o primeiro paso para pararlle os pes a quenes queren levarnos ó escravismo. A CUT xa dixo que a Folga Xeral por si soa non botaría abaixo a Reforma Laboral e que esta non sería a única agresión ós traballador@s, virían máis. Efectivamente, pasada a axenda electoral autonómica, xa temos enriba da mesa os recortes na sanidade e no ensino. Temos tamén a modificación do código penal para reprimir aínda máis a quen se mova. E falan dunha amnistía fiscal para os ricos, que evidentemente non ia ser para os pobres.O actual sistema so pode salvarse do presente colapso a costa das xentes traballadoras e dos sectores populares, como?, converténdonos en escravos, desmantelando a sanidade e o ensino, privatizando todo o público e eliminando ou recortando toda protección social; pensións, baixas de enfermedade, desemprego, etc. Se isto non fora suficiente, van incrementar a presión fiscal e logo subirán os prezos dos bens de consumo básicos, ate extremos insoportabeis para a maioría social. Eles, os banqueiros, os borbóns, a clase política corrupta non devolverán o roubado. Por iso a CUT segue dicindo que outro sistema é posible.O 1º de Maio, Día Internacional da Clase Traballadora, non é unha efeméride calquera, é unha xornada onde todos os traballadores e traballadoras temos que manifestar na rúa ademais das nosas arelas de emancipación como clase, a reivindicación dos nosos dereitos roubados. Este 1º de Mai, ten que ser a continuidade da riada humana que tomou as rúas de Galicia o pasado 29 de marzo.A CUT chama a toda clase traballadora a manifestarse en Vigo e Coruña en defensa da nosa dignidade, para dicirlle aos que nos explotan que non imos transixir coas receitas capitalistas que non resolverán a presente crise.Vigo: ás 11:00 desde a Praza Fernando O Católico. Coruña: ás 12:30 desde a Praza de Pontevedra.