O QUE NON INFORMARON DO 29-M OS MEDIOS DO RÉXIME

O QUE NON INFORMARON DO 29-M OS MEDIOS DO RÉXIME

7

A finais do mes de xaneiro, a maioría sindical basca (ELA,LAB,..) convocan Folga Xeral en Euskal Herría para o 29 de marzo. Ó par, a mediados de febreiro faino o sindicalismo nacional canario (FSOC, INTERSINDICAL CANARIA..), e tamén en Galicia (CIG, CUT, CGT e CNT). De CCOO e UGT só se sabe dos seus emprazamentos ó PP para negociar a Reforma Laboral. Doce días antes da data prevista, e diante da negativa do goberno do estado a negociar o innegociable, estes sindicatos súmanse á convocatoria do sindicalismo nacional de clase.A convocatoria faise nun escenario dominado pola hostilidade mediática, que sigue a atizar o argumento do medo e a farsa de corresponsabilizar ós traballadores. É destacable a ocultación dos media da convocatoria dos sindicatos nacionais, só falan da folga cando se suman os sindicatos españois, cunha clara intencionalidade de atribuirlle o protagonismo a estes últimos, non vaia a ser que…A campaña en Galicia está protagonizada desde un mes antes da data pola actividade propagandística da CUT, polo menos naquelas comarcas onde somos realidade, seguíndolle a CGT e CNT. Quince días antes, a CIG fai o arranque de campaña propiamente dito, e a CCOO e UGT non se lles ve ata unha semana antes do día 29. É bo facer memoría das cousas para poder entender a realidade laboral e as súas respostas. A Folga, non é un ritual calquera, esta hai que traballala con propaganda e información, hai que activala nás fábricas, hai que neutralizar o papel do inimigo, etc.O resultado da pasada Folga Xeral do 29 de Marzo, inequívocamente, foi un éxito. Pero ten lecturas diversas, ten arestas que é convinte analizar. Non hai que ser moi listo para deducir que os resultados dunha convocatoria deste tipo veñen determinados fundamentalemente por tres variantes: a primeira é o estado de conciencia da clase traballadora. A segundo o papel do inimigo en plural, é dicir, patronal, goberno, aparato mediático, esquirois, etc. Finalmente, e de maneira determinante o papel do sindicato en todos os frentes; táctica e estrategia, decisión, claridade, información, asambleas, piquetes, etc.Se entramos a analizar a tresposta, atoparíamonos que é directamente proporcional ó empeño sindical real habido. Isto é aplicable tanto no senso xeográfico, no sectorial ou mesmo á afluencia de manifestantes ás distintas mobilizacións. Nese sentido e con humildade, desde a CUT podémonos sentir satisfeitos e satisfeitas, pero cunha diferenza ó respecto da maioría sindical: para nos a Folga Xeral do 29-M é o inicio, non é unha operación de cosmética diante da masa traballadora.Evidentemente, a crónica dos medios de comunicación dista moito do que estamos a dicir. A campaña de silencio, cando non de intoxicación previa o 29, foi superada coa manipulación e distorsión pura e dura do día despois. O traballo e as manifestacións da CUT e os seus amigos sindicais son silenciadas, e incluso xógase descaradamente coas cifras a hora de beneficiar a CCOO-UGT fronte ás convocatorias da CIG. Chégase a falar dos sindicatos españois como convocantes, e daqueles que fomos convocantes, como adherentes. Esperpéntico.É certo que o laboratorio de ideas do réxime foi quen de levar a amplas masas á postración, á apatía e á resignación fronte a realidade que vivimos. Pero non é menos certo que a Folga do 29-M deixou claro que se hai ética sindical de clase, se hai unha estratexia de combate, a clase traballadora está desposta a loitar. Ese é o reto da CUT, na perpectiva interna, pero sobre todo a alternativa á clase traballadora galega: mobilización ata colapsar ó inimigo. Outro sistema é posible.