MOBILIZACIÓNS EN COMPOSTELA NESTE 29M

MOBILIZACIÓNS EN COMPOSTELA NESTE 29M

7

A CUT levará as rúas de Compostela a súa mensaxe de combatividade e mobilización ampla neste vindeiro 29M.Desde primeira hora da mañá realizaremos piquetes e pasarrúas pola zona vella con especial atención a aqueles centros de traballo nos que temos representación e apoio das traballadoras e traballadores.Ás 11:30 fixamos un punto de encontro na Praza do Toural para organizarmos a nosa presenza na mobilización que parte ás 12:30 da Praza Roxa.Despois da manifestación, sobre ás 14:30, organizamos un xantar popular na Alameda coas aportacións que entre todos e todas poidamos xuntar. Virá seguido dunha asemblea para planificarmos as actividades da tarde que, mantendo o nivel reivindicativo, poderán incluír encontros de debate, palestras arredor das diferentes problemáticas sociolaborais ou novas ruadas e piquetes.Na nosa central sindical entendemos que é preciso darlle unha viraxe á ferramenta da folga, facéndoa extensible a persoas e actividades da vida cotiá que historicamente estiveron agochados, e aproveitar ese día para subverter o establecido, ocupar o espazo público e facer ver da súa existencia. Por iso, animamos ás xentes fartas deste sistema a vivir unha xornada de folga inclusiva.