RICARDO CASTRO INFORMA DA FOLGA NA CRTVG

RICARDO CASTRO INFORMA DA FOLGA NA CRTVG

17

O Secretario Xeral da CUT, Ricardo Castro, participou hoxe nunha asemblea de traballadores e traballadoras da CRTVG para informar sobre a folga xeral. Castro pediulle ao persoal do medio de comunicación público, onde  a Central Unitaria de Traballadores/as é o sindicato maioritario, o seu apoio nas mobilizacións contra unha reforma laboral que lesiona de xeito extremadamente grave os dereitos da clase traballadora. O Secretario Xeral do noso sindicato defendeu a folga e a acción sindical como o único modelo para manter os dereitos que sempre se obtiveron a través da loita obreira.