MANIFESTACIÓN UNITARIA O 29 DE MARZO EN VIGO

MANIFESTACIÓN UNITARIA O 29 DE MARZO EN VIGO

12

A CUT, xunto coa CGT, CNT e o STEG convoca a súa manifestación unitaria o día 29 de marzo en Vigo, tendo saída ás 11 horas da mañá dende a Praza dos Cabalos (tamén chamada Praza de España). O sindicalismo alternativo e minoritario, despois de tentar acumular forzas coas grandes centrais, ao non ter resposta algunha, optou por desenvolver a súa manifestación nunha xornada que debe ser histórica. Facemos un chamamento a toda a base afiliativa das distintas centrais, sexan as siglas que sexan, de cara á conversión desta xornada nun punto e aparte, dende o cal só albiscaremos o camiño dun futuro noso, das mulleres e homes traballadores.Ao mesmo tempo continuamos nas comarcas co traballo de cara ao éxito da folga, que pasa polas asembleas nos centros de traballo, polos piquetes informativos previos, coladas, pancartas, etc. É un traballo cuxa responsabilidade corresponde a cada un e cada unha de nós. Só tes que contactar co local da túa comarca para sumarte ás actividades programadas. Todos e todas somos insubstituíbles.29 DE MARZO, FOLGA XERAL!!