O VINDEIRO MÉRCORES 28 PALESTRA EN ALLARIZ

O VINDEIRO MÉRCORES 28 PALESTRA EN ALLARIZ

9

O vindeiro mércores 28 de Marzo, a partir das 19 horas, o secretario xeral da CUT intervirá nunha palestra arredor da folga xeral na Casa da Cultura de Allariz.É ben sabido polas organizacións sindicais de clase que a folga xeral non se limita a unha manifestación litúrxica, nin a piquetes trámite. As semanas previas constitúen un esforzo de milleiros de activistas e persoas voluntarias na realización de asembleas e palestras ou na redacción, maquetado e reparto de panfletos.Durante estas semanas, a nosa central sindical está mergullada neste proceso, poñendo todos os nosos recursos -que ben afastados se atopan da imaxe do liberado vividor dos medios de comunicación de masas- na explicación e debate da agresión aos nosos dereitos que supón a nova Reforma, do contexto histórico no que se insire e da folga xeral como ferramente de resposta esencial das clases traballadoras.Unha nova data neste calendario é o mércores 28 de Marzo, na que o compañeiro Ricardo Castro intervirá xunto a Jesús Minguet (CNT) nunha charla coloquio na Casa da Cultura en Allariz a partir das 19 horas.