COMEZOU NO MORRAZO A CAMPAÑA DA CUT POLA FOLGA XERAL

COMEZOU NO MORRAZO A CAMPAÑA DA CUT POLA FOLGA XERAL

8

A Asemblea Comarcal da CUT celebrada o pasado luns día 12, marcou o inicio da campaña de sensibilización na comarca do Morrazo. Ese mesmo día e despois de rematada a Asemblea, un grupo de cincuenta compañeiros/as percorreron as rúas das Vilas do Morrazo, poñendo carteis e repartindo o chamamento á Folga Xeral do día 29 de Marzo.A Campaña continúa coa elaboración de vinte murais, a colocación de corenta pancartas, a distribución de dous mil panfletos informativos e a celebración de asembleas nos centros de traballo máis importantes, así como a realización de charlas informativas nos Institutos de Ensino de Cangas, Moaña, Bueu e Marín destinadas á participación da xuventude.Esta previsto tamén o desembarco de piquetes informativos nos mercados semanais das catro Vilas e o anuncio da Folga a través de megafonía durante toda a campaña ate o propio día 29.A Folga Xeral do día 29, pecharase na comarca do Morrazo, coa manifestación convocada pola CUT, que partirá ás 18,00 horas da Alameda de Cangas.