ÉXITO NA MOBILIZACIÓN DO 11 DE MARZO

ÉXITO NA MOBILIZACIÓN DO 11 DE MARZO

11

O pasado domingo máis de dúas mil persoas participaron na mobilización “Mulleres galegas en loita polos nosos dereitos” convocada por unha plataforma de diferentes colectivos feministas e organizacións sindicais do país. A nosa central sindical non só foi parte activa durante todo o desenvolvemento da campaña, senón que sumou un nutrido número de delegadas, delegados e afiliación de diferentes comarcas na manifestación. Destacar tamén a acción preparada polas compañeiras da CUT con carautas e cartaces que amosaban as diferentes caras da opresión de xénero, remarcando o carácter de denuncia e combativo da mobilización.A continuación reproducimos un escrito que recolle a mirada dunha das compañeiras que participaron na organización da marcha:

E, de súpeto, o mar: a furiosa e alegre rebeldía do Atlántico Norte enchía os meus oídos.Só moito máis tarde viría entender que estar tamén é dar.Non queriamos ter a terrible limitación de quen vive só do que ten posibilidade de ter sentido nun mundo aínda moi contaminado polo patriarcado. Nós non: queriamos si unha verdade inventada, queriamos unha nova realidade.Entón, onte, saíndo da estación de tren e camiñando ata a Praza da Quintana, estaban mulleres de todas as cores, de diferentes idades, de moitos amores. Mulleres de guerra e de paz. Mulleres de todo tipo: atrevidas, acañadas, vividas. Mulleres casadas, mulleres solteiras, mulleres felices. Ata doncelas, e ata meretrices. Vestidas de lila, con máscaras brancas e carteis en man, para denunciar, para en silencio falar berrando: loita!Loita porque os dereitos das mulleres non son un regalo da Historia, senón mais ben unha consecuencia directa da loita de moitas e moitas mulleres e durante moito e moito tempo. Os dereitos das mulleres son o logro desta loita.Seguimos.Foi un pracer, unha alegria, unha emoción compartir con tod@s vostedes o de onte.