10 DE MARZO, ESTAMOS EN PÉ

10 DE MARZO, ESTAMOS EN PÉ

5

A CUT convoca unha concentración en Vigo, no nudo de Isaac Peral o vindeiro día 9 de marzo ás 20 horas co obxectivo de lembrar que a clase traballadora galega mantense en pé, defendendo con dignidade os seus dereito, recordando aos compañeiros e compañeiras que antes que nós fixeron o camiño.A convocatoria deste ano vai encamiñada a visibilizar a necesidade da folga xeral convocada para o vindeiro 29 de marzo pola CUT, CIG, CNT e CGT, convocatoria que mostra ás claras que a unidade sindical pode darse sempre no contexto da defensa dos intereses da clase traballadora deixando de lado diferenzas sectarias.Facemos un chamamento público e contundente de cara ao traballo conxunto na mobilización e desenvolvemento da folga xeral. A CUT non ten dúbidas neste camiño máis necesario que nunca.