10 DE MARZO, CAMIÑO Á FOLGA XERAL

10 DE MARZO, CAMIÑO Á FOLGA XERAL

8

O ano 2012 continuará transitado pola aceleración das medidas contra a clase traballadora galega. As políticas neoliberais pensadas polos organismos antidemocráticos que xestionan o capitalismo, e aos que se somete (sen distinción de cor algunha) a clase política lévannos a unhas relacións de produción propias do século XIX. Para eles só temos obrigas, nunca dereitos.Este 10 de marzo débenos servir para facer memoria do que podemos facer se somos quen de vencer o estado de shock ao que nos someteron, pode ser a referencia que precisamos para armar as nosas conciencias da forza necesaria e da claridade que outros e outras tiveron para saber que o noso único camiño está na unión das nosas forzas, para saber que os traballadores e traballadoras somos a maioría e como tal maioría somos nós os que temos a chave para mudar as circunstancias históricas. XUNTOS E XUNTAS NÓS PODEMOS.Os e as que vivimos do noso traballo non precisamos da explotación dos nosos, a nosa relación é de clase e o noso único interese non ten que ver coa acumulación de capital senón coa dignidade, esa dignidade que nunca teremos baixo o sistema capitalista. Por iso nós non debemos caer na súa dialéctica, a nosa linguaxe non é a deles: non falemos de bancos, non falemos de créditos, non falemos de valores de mercado, non falemos da bolsa, non falemos de axencias de cualificación… NON!! Nós temos que falar de xustiza, temos que falar de dignidade, temos que falar de memoria, temos que falar de construír o noso sistema, a nosa historia.Son tempos de optimismo porque nunca antes tivemos tan claro que hai un eles e un nós, nunca antes estivo tan claro que ese nós ao que pertencemos, a maioría, para eles non é máis que man de obra escrava para manter o seu estatus social e a continua acumulación de capital.Os homes e as mulleres deste país imos dar o salto cualitativo que permita superar a depresión na que nos queren instalar indefinidamente (único contrato indefinido que pretenden manter) porque se nós queremos podemos.O primeiro paso será a FOLGA XERAL DO 29 DE MARZO convocada pola CUT, CIG, CNT e CGT.
 VIVA O DÍA DA CLASE TRABALLADORA GALEGA, VIVA O 10 DE MARZO!!!