LIMPEZA DA USC TOMBA O ERE

LIMPEZA DA USC TOMBA O ERE

8

As traballadoras e traballadores do servizo de limpeza da Universidade compostelá, celebraron na súa Asemblea Xeral de hoxe, unha das primeiras vitorias sobre o entente patronal-Xerencia da Universidade, que se concreta na retirada do Expediente de Regulación de Emprego de redución de xornada que pemanecía sobre a mesa.A presión colectiva, conducida nunha estratexia de ocupación permanente das rúas para plantarlle cara á Universidade e á empresa CLECE SA, conseguiu que os mecanismos represivos desenvoltos por estes dous axentes que sistematicamente chamaron á actuación policial frente ás protestas (vulnerando reiteradamente o principio de autonomía universitaria) non fosen suficientes nin para frear, nin para invisibilizar un programa de loita contundente e unitario contra os recortes de persoal que promovía a Universidade.Unha Universidade neoliberal e clasista.A CUT manifestou reiteradamente, durante o desenvolvemento deste conflito, que a tallada económica sobre a contrata da limpeza non só reviste o carácter neoliberal dun desarme “común” dos servizos públicos, senón tamén, parte dunha actitude consciente do Reitorado dirixida a demostrar que as institucións universitarias galegas seguen a manter unha división interna estruturada en clases, onde as de abaixo, limpadoras e mulleres, son as invisíbeis, e polo tanto, as prescindíbeis.Así, mentres o Capítulo presupostario de Persoal “propio” da Universidade se mantén conxelado, e se inviste máis de 800.000 euros en nomear novas Cátedras, practícase un recorte de máis dun millón de euros anuais na Contrata da Limpeza, que tanto a USC como CLECE SA, empresa concesionaria, pretenden que saia das costas das traballadoras e traballadores.

 

Mesmo unha oposición Universitaria por parte de axentes sindicais (CCOO, CIG e UXT) e estudantís (Liga, Agir, CAF), ademais doutro tipo de colectivos de profesorado e persoal administrativo, non demostrou nitidamente aínda no día de hoxe o seu compromiso contra a redución económica na limpeza, mantendo incertidume sobre a súa posición ao respeto, xa que ao tempo que foron algunhas as declaracións retóricas de solidariedade, a solidariedade profunda con un dos sectores máis vulnerados e violentados polo recorte, aínda non se sentíu dentro das paredes dos órganos universitarios, supostamente “democráticos”.A CUT manifesta dúbidas.Malia que a CUT comparte a alegría desta nova conquista colectiva non deixou de manifestar as súas dúbidas sobre o alcance das condicións de paz social que empresa e USC interpoñen para a retirada do ERE, que si foron asumidas pola maioría do Comité de Empresa. Aínda así, a CUT comprometeuse esta mañá diante da Asemblea Xeral de Traballadoras e Traballadores, e manter unha posición estrita de unidade sindical, para mitigar os efectos desta tallada mentres dure a negociación, co obxectivo de acender de novos as máquinas da mobilización colectiva para todo o noso esforzo na dirección de reiniciar as mobilizacións contra a USC para anular o recorte económico unha vez que se concreten as medidas temporais de redución.