A LIMPEZA HOSPITALARIA DO CLÍNICO ADHIRE Á FOLGA XERAL

A LIMPEZA HOSPITALARIA DO CLÍNICO ADHIRE Á FOLGA XERAL

12

Esta mañá, o Comite de Empresa do servizo de limpeza hospitalario dos centros Clínico e Xil Casares da cidade de Compostela, vén de adherir de xeito unánime na súa xuntanza extraordinaria á convocatoria de Folga Xeral que o sindicalismo nacionalista lanza para o vindeiro 29 de marzo do 2012.A proposta, que parte da Central Unitaria de Traballadores/as e a CIG, será trasladada a máis centros de traballo, co obxectivo de acadar os compromisos dos diferentes Comités de Empresa na mobilización das traballadoras e traballadores contra as medidas antiobreiras da alianza Patronal-Partido Popular.