ACORDO EN FRIVIPESCA-FRINOVA E DESCONVOCATORIA DE FOLGA

ACORDO EN FRIVIPESCA-FRINOVA E DESCONVOCATORIA DE FOLGA

14

A doce horas do comezo da Folga convocada, hoxe ás 11,30 da mañá chegábase a un acordo entre o Comité de Folga e a Dirección das empresas FRIVIPESCA CHAPELA FRIGORIFICOS e FRIGODIS, S.A. (Grupo Pescanova).Dito acordo para o ano 2011, establece un incremento en todos os conceptos do soldo do 2,5 %, sin a supeditación salarial ó incremento da “produtividade” que pretendía a patronal desde que se inciou a negociación.Atrás queda a sinatura vergoñenta do “acordo extraestatutario” de CCOO, as chantaxes da Dirección para que un a un dos traballadores se adherirán a dito pacto, a cambio do cobro inmediato de atrasos e outras ameazas patronais.A firmeza na resposta do conxunto dos traballadores de Frivipesca e Frigodis cos delegados da CUT á cabeza, ó desafío chantaxista do pacto de eficacia limitada, demostrou que a única medicina fronte ó medo e a barbarie segue a ser a organización e a loita sindical de clase.Este conflito asi mesmo, senta pedagoxía para aqueles outros traballadores/as e sobre todo representantes sindicais, doutras empresas do Grupo Pescanova, que claudicaron e permitiron coa súa actitude a introdución nos seus respectivos Convenios Colectivos da supeditación do salario á produtividade, porta para a barbarie laboral.