Palestras encol da temática migratoria

Palestras encol da temática migratoria

13


Durante esta semana a nosa central sindical organiza dúas palestras, en Vigo e Compostela, arredor das políticas migratorias e o xeito en que nos atinxen ás clases traballadoras.Comezamos mañá martes a partir das 20 horas na Asociación Cultural Bou Eva en Vigo (Tercio de Fora 11) coa presentación do novo libro de Eduardo Romero “¿Quién invade a quién?. Del colonialismo al II Plan África”. Este texto, autooeditado polo colectivo asturiano Cambalache, vén contextualizar as políticas migratorias do Estado español e da UE (nomeadamente os Plan África 2006 e 2009), nos verdadeiros intereses empresariais, políticos ou militares. En catro breves ensaios, Eduardo Romero, aborda a temática das migracións desde puntos de vista diversos como a estratexia dos medios de comunicación ou a evolución histórica da colonización africana. O resultado final axúdanos no cuestionamento e combate da criminalización das persoas migrantes, así como na comprensión do papel do fenómeno migratorio na evolución do capitalismo.O mércores 15 en Compostela teremos de novo a Eduardo Romero que compartirá palestra con dous compañeiros da Asociación Sen Papeis da Coruña. Neste segundo encontro, trataremos de focalizar máis o debate nas estratexias do activismo e da mobilización social. Os Sen Papeis aportarán o seu exemplo de resposta solidaria na loita común frente a violencia coas persoas adicadas á venta ambulante na cidade da Coruña. Terá lugar ás 19 horas no local da nosa central sindical en Compostela (Rúa do Sar 93, baixo) e está coorganizado co Foro Galego de Inmigración e a organización de mocidade ADIANTE.Con estas xornadas agardamos contribuír ao desenmascaramento das causas agochadas nas políticas migratorias así como á formación de todas as persoas que teñan interese no activismo neste eido.