A CUT no XII Congreso da CGTP-IN de Portugal

A CUT no XII Congreso da CGTP-IN de Portugal

10

A nosa central sindical asistiu como convidada ó XII Congreso da CGTP-IN celebrado en Lisboa durante os días, 26, 27 e 28 de xaneiro. No evento estiveron presentes máis de corenta sindicatos do Mundo, e representaron á CUT o noso Secretario Xeral Ricardo Castro e Manolo Camaño, Secretario de Relacións Internacionais.No marco da celebración deste congreso da CGTP-IN, tivo lugar unha Conferencia Internacional onde participamos e na cal se abordou a Conxuntura Internacional da Crise Capitalista, e as súas consecuencias para a clase traballadora nos distintos pobos e rexións do Mundo.Neste congreso, a CGTP-IN renovou os seus órganos de dirección para os vindeiros catro anos, sendo substituído o ate agora Secreario Xeral, Manuel Carvalho da Silva, polo compañeiro Armenio Carlos, quen no seu discurso de remate do congreso veu a anunciar a posición de mobilización deste sindicato, para enfrontar a dramática situación que vive a clase traballadora portuguesa.Durante a presenza da CUT en Lisboa, aproveitamos para manter distintos contactos bilaterais con organizacións sindicais amigas como o PIT-CNT de Uruguay, a CTA de Arxentina, LAB de Euskal Herria ou UNETE de Venezuela. No mesmo senso acordamos coa CGTP-IN afortalar os contactos e relacións bilaterais, concretando actuacións en aspectos que afectan tanto a Galicia como a Portugal.