PASO A PASO, CONTRA O ENSINO PÚBLICO

PASO A PASO, CONTRA O ENSINO PÚBLICO

9

O PP, novo xestor dos mandatos  capitalistas  para o Estado español e para Galicia, avanza na destrución dos servizos públicos. Tres novos chanzos desta política liquidacionista asoman para o ámbito do Ensino nos últimos días:1.- A Xunta privatiza escolas infantís.O PP quere pór fin aos “erros”cometidos polo bipartito, os seus “excesos”: agora as Galescolas,  antes o Plan de Normalización Lingüística no Ensino… Dados a bautizar as cousas e a xente, as neonatas Galescolas pasaron a chamarse GaliñaAzul. Para eles mellor galiñas que galegas. Agora as galiñas van ser malvendidas na feira de saldos á que está abocado o sistema de ensino público. Na súa concepción dos servizos como fonte de beneficios a rede infantil é da que máis tallada se pode sacar.A privatización do Ensino non é un invento do PP. O sistema agradécelle aos anteriores xestores socialdemócratas (PSOE e outros) a súa laboura, porque tamén eles mantiveron ou aumentaron os concertos coa privada, as prevendas á Igrexa católica, a mercantilización da Formación profesional ( mesmo pola vía dos fondos de formación para sindicatos afíns e empresarios), o abandono da rede pública…Pero son insaciables.Os novos xestores van a máis, o seu esquema social de traballadores escravizados, desregulados, complétase cun exército de parados en lista de espera permanente e cunha volta das mulleres traballadoras ao fogar do que, dende a súa visión fundamentalista, nunca deberon marchar. Veñen de privatizar as escolas infantís ao tempo que aproban unha suba das tarifas das garderías. Fóra a Lei de Dependencia, fóra a Conciliación, fóra garderías…2.- O bacharelato terá unha duración de tres cursos.O aumento dun ano de bacharelato, loado no seu momento por toda a prensa “amiga” , supón a redución dun curso da ESO. Suman un curso de ensino postobrigatorio e reducen un do obrigatorio. Algún sindicato “amigo” xa avisa do maior beneficio que conleva a medida para os concertos da privada. As cifras que en Galicia indican un 70% de alumnado na rede pública deben ser invertidas. Menos ensino público, menos obrigatorio, menos universal, menos gratuíto…3.- O profesorado da pública contará con asistencia xurídica.A Consellería de Educación vén de anunciar con rebumbio un novo servizo de asistencia xurídica para o profesorado da rede pública. O servizo será prestado (¡) pola empresa “Legalitas”. A empresa privada “Legalitas” vai ser a valedora do profesorado. Por suposto o tema da Responsabilidade Civil queda excluído. Traballadores públicos defendidos pola empresa privada? Algúns parvos aínda han sentirse diferentes ao común dos traballadores, como cando deixan os seus fillos e fillas en mans da privada ou cando van aos médicos das mutualidades renegando da Seguridade Social.Concluíndo, que nos devolvan o roubado.