A LIMPEZA DA USC FAILLE FRONTE AOS RECORTES

A LIMPEZA DA USC FAILLE FRONTE AOS RECORTES

11

Na tarde de onte, traballadores e traballadoras do servizo de limpeza da USC, concentráronse diante das portas da Reitoría durante a celebración do Consello de Goberno.Durante o transcurso desta mobilización, as e os asistentes apouparon ao actual reitor da Universidade compostelá Juan Casares Long, responsábel dunha equipa reitoral que está a despregar unha política de xestión neoliberal e radicalmente clasista, en absoluto illamento no medio das protestas e mobilizacións dos sectores máis activos da comunidade universitaria.Esta concentración das traballadoras e traballadores da limpeza, que están a desenvolver un programa de loita aprobado con unanimidade e toda a forza do colectivo na última asemblea xeral celebrada, non é máis do que o comezo dun amplo programa de acción sindical que se concretará ao longo desta semana e no que se prevén xornadas de folga.A oposición a un tesoirazo dun millón de euros na contrata (un 15% do seu valor) frente ao descenso dun 3% no presuposto xeral da Universidade, supón unha agresión de entidade ao conxunto do cadro de persoal, profundamente feminizado, que CLECE SA, empresa responsábel do servizo, prevé concretar nun ERE de xornada.A representación da CUT neste centro de traballo critica “as negociacións que Clece e a equipa reitoral desenvolveron no cuarto escuro para concretar o recorte” e advirte da necedade dunha equipa de goberno que segue a preferir “acoitelar os dereitos do colectivo no canto de desenvolver un estudo serio do que suporía a recuperación para a entidade pública do servizo”, nun contexto no que a empresa concesionaria se está aínda a lucrar deste tesoirazo.Intervención policial.Durante o desenvolvemento da mobilización, a presenza de axentes da Policia Nacional de paisano, que botaron man da agresividade contra as e os manifestantes, xerou momentos de tensión durante os que segundo testemuñas presenciais, se botou man de armas non regulamentarias.A CUT pon en cuestión, máis unha vez, a quen serve a autoridade policial, nunha entidade pública onde recentemente, o reitor Casares Long resultou imputado nun proceso xudicial de malversación de fondos públicos, e denuncia a falta moralidade dunha equipa reitoral que se serve de axentes para disolver as mobilizacións lexítimas dos traballadores e traballadoras do servizo da limpeza.