OUTRA VEZ OS “SINDICATOS” MAIORITARIOS. ATA CANDO?

OUTRA VEZ OS “SINDICATOS” MAIORITARIOS. ATA CANDO?

6

A filosofía que desprenden as palabras do dirixente antisindical é a emanada desde o poder neoliberal máis radical: “a situación hai que revertela entre todos”, intentando desarmar ideoloxicamente calquera resposta de loita e rebelión contra o poder político que fai recaer a saída da crise, esencialmente, no lombo dos traballadores/as.”Na disxuntiva de crecemento salarial ou mantemento do emprego, quedámonos decididamente co mantemento do emprego”, subliñou Méndez nesas declaracións. Idéntica reflexión á que non fai moito fixera o presidente da patronal (cando quixo presentar como bos os minijobs). Vese claramente que xogan no mesmo equipo, intentando poñernos na disxuntiva de que, ou aceptamos a precariedade e o escravismo ou nos poñemos na ringleira do paro, como se non houbese outras alternativas, desde logo estes sindicatos esquecéronse das medidas reivindicativas para que a clase obreira pase a ser parte activa na loita por unha saída social á crise.As medidas acatadas submisamente polos sindicatos maioritarios xunto coas xa anunciadas por Rajoy e a reforma fiscal imposta no último Consello de Ministros prefiguran unha situación insoportable para os traballadores e traballadorasA saída programada desde o poder político e aplaudida desde os sindicatos maioritarios pon á clase obreira nunha situación con dúas únicas saídas. Ou se acepta a situación e vemos como se van perdendo dereitos día a día sen facer nada, até facernos retroceder ás que se vivían no século pasado, ou decidimos dar unha resposta mobilizadora ao mesmo nivel que a agresión recibida.Sabemos que contra os intereses de clase que defendemos temos ao poder político, ao económico e, tamén, aos sindicatos pactistas, nas mans dos traballadores e traballadoras está a solución que, tal e como nós vemos a situación, non pode ser outra que a mobilización.