NON TEÑEN VERGOÑA

NON TEÑEN VERGOÑA

14

Outra vez máis o persoal de seguridade está a ver como a súa patronal e os seus acólitos sindicais (UXT e USO), coa escusa da crise,  vanno volver traicionar.Unha vez asinado o Convenio Colectivo e publicado no BOE, con toda desfachatez a patronal convoca aos sindicatos e fai unha proposta de aumento da xornada a cambio dunha subida salarial máis elevada. O argumento que dan é a crítica situación das administracións á hora de afrontar os pagos. Nós preguntámonos: como é posíbel entón afrontar unha maior suba salarial condicionada a máis horas de traballo? Non hai traballo? Non hai cartos? Ou non hai vergoña?Estes impresentables non teñen en conta nin a suba unilateral do goberno do IRPF nin a suba dos prezos en xeral. Non será que detrás de todo isto está que agora, despois de cinco anos de recursos, non lles queda outra que pagarnos o que no seu dia se apropiaron de máis nas horas extras por mor de telas mais baixas no Convenio que a hora real de traballo? feito que incumple o Estatuto dos Traballadores, e amparándose na crise queren facernos pagar sempre aos mesmos, os que traballamos e producimos para elesUnha vez asinado o Convenio Colectivo (UXT e USO) voltar para atrás parécenos totalmente ilóxico, pero como sabemos quen sodes e o que representades podémonos dar por traicionados xa.Os compañeiros que traballamos no sector xa vimos perdendo poder adquisitivo Convenio tras Convenio polas vosas nefastas negociacións, que queredes agora que ainda por riba traballemos mais para nada (perda de poder adquisitivo polo persoal de seguridade nos ultimos anos ronda o 20%) só para facerlle as beiras a Patronal? Qué vos dan a cambio?Proposta da Patroal:Ampliacion da xornada con incremento de salario:2012 : 1826 horas + incremento previsto no Convenio (IPC real + 2 Puntos)2013: 1804 horas + incremento salarial 1%2014: 1782 horas + incremento salarial 1%Esto xa o temos conquerido por Convenio Colectivo e sin subidas horarias, que esperades para facer valer os nosos dereitos e os vosos acordos ou e que non tedes dignidade?Aínda temos que aguantar máis, si somos malos e non aceptamos a súa chantaxe2012 : IPC real 20112013:1% incremento salarial+ 0,50 (recuperacion)2014: 1% incremento salarial + 1 (recuperacion)E todo esto tendo en conta que tivemos conxelado o Convenio por dous anosA esto só se contesta con mobilización, asambleas informativas e dando a cara diante da Patronal para defender aos traballadores e traballadoras, que é a vosa obriga, o demais é vendernos ao mellor postor como estades acostumados.ORGANÍZATE E LOITA, ESA E A SOLUCIÓN CONTRA OS ABUSOS DAPATRONAL E OS SEUS SINDICATOS.