O SMI CONXELADO

O SMI CONXELADO

9

Acabouse a campaña electoral, xa poden ir espertando algúns do soño do capitalismo parlamentario, nada mudará co cambio de siglas no goberno do estado imperialista español. A economía e hoxe allea á poltica, non haberá goberno que utilice o pensamento e as decisións políticas para dar os pasos necesarios: nacionalización da banca, saída do euro, gasto público, emprego público, reparto do traballo, impostos para os ricos… Nada disto figura na órbita do pensamento dun capitalista, no pensamento dos seus xestores.O PP anuncia un ano de recesión, algúns vimos falando de recesión para 15 anos, algúns falamos da fame que virá se non cambiamos de sistema. O PP anuncia a conxelación do Salario Mínimo Interprofesional, que coma ben sabemos todos e todas é a causa directa desta crise sistémica, a ninguén se lle escapa que eses miserábeis 641 euros crearon o burato negro da economía mundial. As súas solucións van pasar sempre pola nosa explotación. Estamos dispostos e dispostas a seguirlles o xogo?Non haberá clase política que nos salve, de nós depende mudar o contexto, e só hai unha fórmula: ocupar as rúas.