A NEGOCIACIÓN COLECTIVA E OS RECORTES DE SALARIOS

A NEGOCIACIÓN COLECTIVA E OS RECORTES DE SALARIOS

5

A negociación colectiva está a ser atacada por distintas institucións internacionais, como o Fondo Monetario Internacional, a UE, e a OCDE.
 
A causa?
 
Nesta crise de carácter financeiro, que no Estado está a devastar o emprego, non se poden utilizar fórmulas tradicionais, como a depreciación da moeda, e pretenden desvalorizar os salarios
 
A negociación colectiva é cuestionada pola sinxela razón de que queren recortar os salarios e, por iso, formulan, dun xeito alambicado, que pretenden achegar a negociación colectiva á empresa. Iso é tanto como dicir que se pretende excluír a máis do 90% dos traballadores dos convenios colectivos, de que teñan unha garantía dos seus dereitos individuais e colectivos e de que teñan unha protección deses dereitos.
 
No Estado predominan as microempresas e máis do 97% do emprego xerano empresas de menos de 50 traballadores. Formular que eses empregados se poidan saír dos convenios sectoriais, territoriais, estatais, autonómicos ou provinciais é tanto como dicir que non haxa negociación colectiva, o que sería inxusto, lesivo para os traballadores e un atraso dende o punto de vista democrático.