ENTREVISTA A BERTO COVELO, SECRETARIO COMARCAL DE VIGO

ENTREVISTA A BERTO COVELO, SECRETARIO COMARCAL DE VIGO

8

Berto Covelo, Traballador de URBASER REDONDELA, foi nomeado hai varios meses, por unanimidade da Asemblea Comarcal de Vigo, Secretario Comarcal, nun contexto difícil despois da represión sufrida polo sindicato tras as detencións dos compañeiros Miguel Nicolás e Telmo Varela.

P: Supomos que o respaldo unánime da asemblea ao teu nomeamento anima a enfrontar este tempos complicados?R: O respaldo unánime foi algo moi de agradecer, e moi importante, nun momento complicado creo que era preciso dar ese mensaxe de unidade, que neste caso deu a afiliación, polo lado persoal máis que animarme deume a forza que precisaba, xa que como ben dis o contexto non era doado para ninguén

P: As detencións de Telmo e Miguel en que medida condicionaron o traballo da CUT?R: O feito de dedicarnos a xestionar o mellor que puidemos, tanto as propias medidas de solidaridade, mobilizacións, temas xurídicos como a propia repercusión inevitable que sufriu o sindicato, afectou por unha banda o tema humano e logo tamén o de funcionamento, todo viuse afectado. O traballo sindical, propiamente dito, desapareceu para volcarse como é lóxico nas detencións, agora ou máis adiante se poderá avaliar se tiñamos que ponderar ou non nese senso, máis penso eu que se fixo o que se tiña e se poido facer.P: Que relación teñen estas detencións coa situación económica que estamos a padecer? Cal pensas que é o motivo do sinalamento da CUT por parte das forzas represivas?R: Penso que garda moita relación, porque esta película de secuestradores e secuestrados comenza cunha folga do metal (a ultima) na que tanto o sindicato coma os compañeiros Miguel e Telmo, entre outros, se implicaron decididamente na defensa dos intereses da clase traballadora. Esta implicación non pasa desapercibida para os que tamén se implican (que se implican moito) na defensa dos intereses daqueles que nos explotan.

A relación entre represión e situación económica xa empeza nese momento, de feito cando a situación económica empeora agudízase máis a represión. Todas estas medidas antisociais que estamos a padecer teñen un seguimento inmediato por parte das forzas de represivas, eles están á que se move, de feito agardan movementos, avalían a situación en tódolos sensos do contexto actual e é lóxico que cheguen á conclusión de que a pasividade social que se está a vivir pode mudar, nesta parte da película e onde entramos tanto o sindicato como as cabezas dos compañeiros. Entramos por igual, como cabeza a cortar, xa que neste momento histórico no que nos tocou vivir, o papel do sindicalismo maioritario é desesperanzador, tanto de CCOO como da UXT que están a xogar un papel desmobilizador, pactando coa patronal e goberno, velando non xa polos intereses destes, senón polos deles mesmos, e a CIG pola súa banda empecinada en sí mesma, con loitas de poder internas, cunha teima contra a nosa central, ridícula e contrapruducente, que lle fai entrar en contradicións moi graves, son quenes de camiñar xunto con sindicatos estatais, que están a vendernos en Madrid, e non son quenes sequera de contestar un comunicado noso, co que seguro están de acordo. Non podo esquecer a folga xeral do 27X, folga convocada por eles, secundada por suposto por nos, na que a última hora abandonan a idea de mobilizar piquetes, deixando así que as forzas do orde represivo canalizaran contra nosa central a súa ira anti-nacionalista galega. A eiva desta Confederación sindical en canto a que tamén están decididos/as a pactar coa patronal, firmando EREs, entrando no seu sistema en moitas máis cousas, é precisamente a que pon á CUT no ollo do furacán represivo.

P: O pasado 29 de outubro celebramos unha Conferencia Nacional para tratar o tema represivo onde a afiliación aprobou masivamente unha resolución sobre o tema. Nela quedaban claros os principios de acción do sindicato e aquilo que non ten cabida. Cal é a túa valoración da Conferencia?

R: Eu valoro moi positivamente, penso, de feito que saímos reforzados, desta referida conferencia, na que se falou claro, e ben. E cando digo saímos reforzados, refírome como non pode ser doutro xeito, a todos/as os/as afiliados/as, que somos os/as que formamos esta Central. O que vimos de aprobar non é outra cousa que un apoio unánime á Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras e aos seus lexítimos e democráticos órganos de decisión.

Por moito que se intente contaminar, non fomos a esta conferencia a xulgar a ninguén, nunca o fixemos e non o imos facer agora, falamos e reflexionamos sobre cal debe ser o obxetivo da nosa Central sindical, e que accións se escapan desta cuestión concreta.

P: Pensas que nas circunstancias actuais alguén pode ter interés en aproveitarse das nosas siglas para utilizalas como paraugas?R: Claro que pode existir esa posibilidade, xa que poden existir organizacións que precisen do paraugas legal e lexítimo que dan unhas siglas sindicais, aparte de estar en contacto coa masa afilliativa, da que poden intentar levar a xente cara o seu proxecto persoal (persoal ou individual, non colectivo, ou en todo caso doutro colectivo con outros intereses) que non é o da Cut, isto pode ser lexítimo, pero o problema está en que intenten impoñer o seu criterio, escondendo os seus obxectivos reais, isto xa é deslealdade, e sen importarlle levarse por diante o proxecto de todos/as, isto xa é destrutivo. E un feito que os parasitos, precisan doutro ser vivo para vivir, xa que de por si non poden, se puideran supoño que o farían, xa que normalmente esta xente cosidérase así mesmo coma a vangarda que todo o sabe, os posuidores da razón absoluta dende unha posición de elite.

Eu si que non me creo coa razón absoluta, para nada, de feito o mellor estou trabucado, e ninguén vai ter interes en usar a nosa organización como paraugas, ninguén vai vir a nosa central con obxetivos destrutivos, ninguén se cree coa razón absoluta, e ninguén vai vir a querer impoñela.

P: Mudando de tema. Cara onde pensas enfocar o traballo da Comarca?R: Agora mesmo estamos estreando coordinadoras sectoriais. Persoalmente estou ilusionado con esta aposta, xa que estamos nun sindicato en permanente proceso de crecemento e de construción, e debemos ser nós mesmos, os afiliados e afiliadas os que poñamos isto no lugar que se merece. Estas coordinadoras van servir de ferramenta para que todos poñamos o noso gran de area, tamén para coñecernos mellor, e tamén para que o traballo sindical se incremente e se reparta. Este é o futuro inmediato polo que apostamos. Logo todo pasa tamén por ter presencia nos centros de traballo, non xa por ter mais ou menos delegados, senón un traballo definido, un discurso coerente, todo pasa porque a propia masa afiliativa, milite e faga a pedagoxia axeitada, metendo o dedo no ollo de todos os vividores que tanto dano fan o conxunto da clase traballadora

P: Cal é a situación laboral actual na Comarca de Vigo?R: Por ser Vigo e a súa Comarca a parte mais industrializada do País, a situación actual de crise do sistema golpea con máis forza, temos o naval parado, temos a construción en fase terminal, a automoción e auxiliares cunha situación en claro retroceso, estes en conxunto co porto son sectores dos que dependen os demáis, e a súa deriva alimenta en consecuencia todas as demais. Agora é cando temos demostrado o cuestionamento deste modelo produtivo do monopolio e da dependencia como o que vai cavar a nosa tumba

P: A CUT leva dende os inicios da crise acertando nas súas análises, saíndo a rúa dende os inicios (cando xa tiña claro que a crise era sistémica e ser retorno), intentando acumular forzas neste contexto de clara confrontación de clase. A pesares disto non fomos quen de impulsar a reacción da clase traballadora. A que pensas que se debe esta calma social que estamos a vivir nun contexto tan negativo para nós? Que diferencias hai con Grecia para que a resposta sexa tan distante? R: Hai unha cita que di mais ou menos así, “primeiro viñeron polos xudeos pero como eu non era xudeu, logo foron a polos negros pero como eu non era negro, logo foron polos comunistas pero como eu non era comunista, así ata que viñeron por min, e xa non quedaba ninguén” Quen tivera a fórmula para non xa convencer a ninguén, senón para seren escoitado, esta pregunta da para unha tese, da que eu, sinto moito máis non son doutorando, porén teño claro, que todo o noso pasado e presente esta perversamente relacionado, por iso non somos iguais nin os gregos nin tampouco os nosos devanceiros, estou convencido que si esta crise se da noutro contexto histórico a resposta sería outra.

Para resumir, igual o problema agora esta precisamente en que a clase traballadora, non é consciente de selo.

P: Onde pensas que está a chave para xerar a ilusión de loita entre a clase traballadora?R: Outra pregunta do millón, como nos imos ilusionar, cunha festa, non, cunha concetración, tampouco, cunha mani, menos, cunha victoria si, pois enton poñamos en valor todas as vitorias da clase traballadora, todas as da CUT, que tamén as hai, ocorreseme que sen pecar de autocomplacentes, poñamos estas victorias en valor busquemos outras novas, empecemos por aí.

P: O noso discurso incide na necesidade de entender que baixo o capitalismo non haberá dignidade para a clase obreira, insiste na inxustiza xenética do capital. Que tipo de pedagoxía debemos facer para transmitir con claridade?R: Non creo que o problema estea no discurso, nin tampouco en quen o dá, nin en como o fai, o problema (e dígoo con todo o respecto) está no receptor, non porque sexa duro de orella, nin porque este sexa pouco intelixente, senón pola eiva individualizada que se vive nestes tempos e, como dixo alguén, o dano que lle fixo a sociedade estes 50 anos de televisión é un dano irreparable. Como digo non está errada a pedagoxía nin o discurso, simplemente temos que ter capacidade de adaptación a estes novos tempos. A política non mudou demasiado dende os tempos do romano “pan e circo”, cantidade de cousas en canto o noso actual sistema político e xurídico, veñen, goste ou non, desa época. E logo dísenos que temos un discurso do seculo XIX. Penso que temos que saber adaptarnos, xa que mudan as linguaxes, o xeito de chegar ao interlocutor, mais a merda segue sendo merda, e iso non cambia, sempre é a mesma, o que cambian son as moscas que comen dela. Logo hai outro tipo de receptor que si está politizado, porén igual está buscando a pureza, ou ten un instinto de desconfianza doente, xente desencantada, que moitas veces é irrecuperable, mais terían que entender que todos somos inocentes mentres non se demostre o contrario. Non deberiamos pagar polos males que fixeron outros, sen embargo, si pasa, é complicado loitar contra esta acritude e actitude.

P: Para rematar, Como compaxinas a túa responsabilidade no sindicato co teu traballo? Como están as cousas en URBASER Redondela despois da folga que lle gañáchedes á patronal?

R: O que menos me custa compaxinar é o meu traballo a non ser que ás veces durmo pouco, cústame mais compaxinar outras cousas. Porén trato de ser coherente e estar onde é mais importante en cada momento. En canto a URBASER, cabe recordar que si, gañamos o pulso a unha patronal moi dura, cunha situación un tanto rocambolesca, a min persoalmente aquela folga cambioume a vida, para ben. Eu penso que salimos daquela loita reforzados. Porén, as victorias temos que saborealas sen baixar os brazos, sen autocomplacencias, sen baixar a garda, porque se non pódense reverter.

Logo de terse celebrado un xuizo no que se pedian as anulacions de sancions que existian sobre todos os folguistas, e que gañamos, a empresa cambiou de táctica, cambiaron os papeis e fomos nós os que pasamos a subestimalos a eles. Grave erro que nos levou a unha situación da que agora teremos que sair si ou si.

Agora mesmo estamos nun proceso tan inconstante e voluble que non se sabe o que vai pasar, se ben é certo que tiñamos a representación sindical da CUT, agora perdémola, nun proceso un pouco longo de explicar, mais non creo que se cumpran os anos de vixencia para que haxa un cambio, e voltemos recuperala. Non temos que ter présa, simplemente temos que facer as cousas ben, para que cando recuperemos o posto que nos pertence, xa que a maioria sindical é da CUT, non a perdamos nunca máis. Toca aprender dos nosos erros, e saír fortalecidos.