O SECTOR NAVAL GALEGO

O SECTOR NAVAL GALEGO

11

“Chorar coma nenos o que non defendemos coma homes”. Parecerá unha frase feita, pero é a realidade dos estaleiros e será o seu final, se non lle pomos solución. Este axioma que uns adxudican a Dolores Ibarruri e outros ao sultán Boabdil,  debuxa tristemente o proceso seguido e a situación que enfrontamos no Sector Naval galego, e acentuadamente o pontevedrés.A CUT, hai tres meses, dirixiuse aos sindicatos maioritarios: CIG, CCOO e UGT propondo a necesidade de xuntarnos para enfrontar a situación xa daquela dramática dos asteleiros. Mantivemos xuntanzas con CIG e UGT, o terceiro sindicato non tivo a ben sentarse coa CUT. Quedaron de retomar as mobilizacións pasado o verán, quedaron en darnos resposta, e a data de hoxe seguimos esperando pola mesma.Diciámoslle daquela desde a CUT que o “tax lease” só era unha coartada, que os intereses e os dereitos dos traballadores do sector había que defendelos a marxe dos intereses empresariais. Diciámoslles que só unha convulsión social en Vigo e en Galicia podería  cambiar a  ruína definitiva  do Sector  Naval. Pasou  o tempo  e os sindicatos nonforon máis alá dos discursos en base a partitura que lle viña feita desde a Patronal, incluíndo acordos de “non conflitividade social”; non indo mais ala das procesións matinais, sen molestar a quen teríamos que molestar (politicos-empresarios) sacándolles a caroza.É esperpéntico que no Ferrol saian á rúa os traballadores da man dos sindicatos e en Vigo esperemos a non sei que… para facelo enrocados na coartada do “tax lease”. Calquera proposta sindical de clase, pasa por unir as loitas e os lumes, non apagándonos con burocracia sindical, porque todos somos traballadores/as. Cal é a razón para que haxa distintas estratexias sindicais en Ferrol e en Vigo?O sistema segue a ser intelixente, co discurso da crise está a lexitimar os mayores recortes á clase traballadora, ata aquí normal é lóxico. Pero o que é impresentable é que os sindicatos estean a pregarse aos ditados da patronal e do goberno, en Galicia e no Estado español están lambéndolle a man a quen nos levou á ruína. O tempo esgótase, aínda que para os traballadores/as nunca é tarde. O Sector Naval galego sò poderá salvalo a clase traballadora, con loita e con decisión. Primeiro os traballadores afectados, hoxe decepcionados e cansos, e logo construíndo a unidade de todos e de todas de maneira asemblearia, sen inxerencias e sen compadreos cos inimigos da patronal e da clase política, auténticos responsables desta debacle.

SÓ COA MOBILIZACIÓN XERAL SALVAREMOS O NAVAL!!