PARA LOGO DICIR QUE FAN

PARA LOGO DICIR QUE FAN

6

O domingo 6 de novembro déronse cita os tres sindicatos maioritarios co lema “Vigo é traballo”, Ao parecer acordáronse agora de todas as reformas e recortes prexudiciais para a clase traballadora (CCOO-UGT) pero o que máis sorprende é que o sindicato galego maioritario (CIG), que sempre está nunha postura de confrontación cos sindicatos vendidos españois, agora fan un teatro saíndo a rúa da man destes mal chamados sindicatos, non se sabe moi ben porque (ou si), porue Vigo non é traballo, Vigo é obreiro, mariñeiro….., Vigo é loitador. Pola contra non é politiqueiro e aí a esencia de que o teatro feito por manifestación con estes elementos non é nada máis que politica-partidista xa que non se acordaron moito durante todo estes anos de despidos, peches patronais, abusos, eres.. e que casualidade que por volta do 20 de novembro, data das eleccions estatais, todos estes que din defender aos traballadores, acórdanse de saír a rúa da man dos seus amigos do PSOE, IU e BNG. Vergoña sindical xa que os sindicatos son ferramentas para a defensa dos traballadores e non correas de transmisión de partidos politicos e politiqueiros con ansias de protagonismo.Para a Central Unitaria de Traballadores (CUT) este tipo de seudo-moblizacións onde predominan siglas e ambiente festeiro, non fan outra cousa que dividir á clase traballadora, xa que coa que leva caíndo nos últimos anos, os traballadores/as o que necesitamos e mobilización permanente sen siglas e con contundencia nas rúas, onde si escenifiquemos o noso cabreo e ruptura con este sistema.Con claridade e a táctica adecuada debemos camiñar cara esas pequenas conquistas que se perderon nos últimos anos dun plumazo con reformas e mais reformas PPSOE en contra dos traballadores/as.